Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1151/2013).

PO. Procedemento ordinario 1151/2013

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Construcciones Manuel García Carreira e Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Manuel García Carreira, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Construcciones Manuel García Carreira, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 201,02 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza