Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12191

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 24/2017, do 9 de marzo, polo que se nomea director xeral de Mobilidade a Ignacio Maestro Saavedra.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de marzo de dous mil dezasete,

Nomeo director xeral de Mobilidade a Ignacio Maestro Saavedra.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda