Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12190

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 23/2017, do 9 de marzo, polo que se dispón que cese Helena de Lucas de Santos como directora xeral de Mobilidade.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de marzo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Helena de Lucas de Santos, como directora xeral de Mobilidade, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda