Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 612/2016, do 20 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 20 de outubro de 2016, pronunciou a Sentenza 612/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4335/2013, interposto por Ángel María Otamendi Busto e María Luz Corrales Bermúdez, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, aceptando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Ángel María Otamendi Busto e María Luz Corrales Bermúdez, contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Xunta de Galicia, do 25 de febreiro de 2013, sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello da Coruña, e, por vía de ampliación, contra o texto refundido das normas urbanísticas do PXOM 2013, A Coruña, publicado no BOP da Coruña, do 9 de xullo de 2013, debemos anular e anulamos en parte os ditos acordos impugnados, no aspecto concreto relativo á aplicación no terreo da parte demandante de servidume de protección de costas superior a 20 metros, aplicación que é contraria ao dereito. Débese fixar no PXOM, en relación con tal terreo, unha servidume de protección de 20 metros e anulamos tamén os ditos acordos impugnados no aspecto relativo á inclusión do terreo da parte demandante nunha área de protección ambiental costeira do POL, inclusión que é contraria ao dereito; debe quedar excluído o terreo da parte demandante do ámbito de aplicación do Plan de ordenación do litoral; rexeitamos recurso contencioso-administrativo en canto á impugnación da cualificación do terreo como dotación local, espazo de zona verde/espazo libre público; sen facer especial condena nas custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo