Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=24149

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industrais de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90530000-1, 90531000-8, 90522000-2 e 90710000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 19 de decembro de 2016.

c) Adxudicatarias: UTE Proteción Medio Ambental, S.L. e Contenedores de La Coruña, S.L.

d) Importe de adxudicación: 0,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio