Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, da elaboración do proxecto construtivo dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a primeira fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), a execución das obras e do seu acceso e a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación (expediente Plisan-2017/EDAR).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración do proxecto construtivo dunha EDAR para a 1ª fase da Plisan, a execución das obras da EDAR e do seu acceso, a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación.

b) Prazo de execución: 51 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: tres millóns trescentos trinta e tres mil novecentos trinta e sete euros con trinta céntimos (3.333.937,30 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): setecentos mil cento vinte e seis euros con oitenta e tres céntimos (700.126,83 €).

c) Importe total: catro millóns trinta e catro mil sesenta e catro euros con trece céntimos (4.034.064,13 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría 4.

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que se deberá rexer a contratación poderán recollerse, durante o prazo de presentación de proposicións, no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=116012 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e dos sobres C (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo