Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12078

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1185/2016).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1185/2016-IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 806/2013. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Alejandro Costas Boullosa

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Basilio Vives, S.A., Granirrosa, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros

Avogados: María Isabel García de Dios García, María José Lago Lago, Beatriz Lago Gómez, Manuel Ángel García Álvarez, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Fidel Díez Udias, Gumersindo Paz Rey

Procuradores: María Tamara Ucha Groba, Joaquín Gabriel Santos Conde, María Dolores Luisa Villar Pispieiro, José Antonio Castro Bugallo, Ricardo Estévez Cernadas, María Tamara Ucha Groba

RCUD 312/2016-IP. Recorrente. Catalana Occidente, S.A.

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña o 13 de febreiro de 2017.

O anterior escrito presentado polo procurador Sr. Castro Bugallo, en nome e representación de Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, únase e, conforme o solicitado, transfírase ao xulgado de instancia a suma de 3.350,70 € ingresados na conta de depósitos e consignacións desta sala, para os efectos oportunos.

O anterior escrito presentado polo procurador Joaquín Gabriel Santos Conde, en nome e representación de Catalana Occidente, S.A., únese ao recurso da súa razón, tense por emendado o requirimento que lle foi efectuado na D.O. do 27 de xaneiro de 2017, polo que se ten por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e se lle concede á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso perante esta sala; fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Téñense por efectuados o depósito e a consignación da cantidade de condena.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza