Expediente: IN407A 2016/3038-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS e CT lugar de Finllido.
Concello: Laxe.
Características técnicas:
– LMTS a 20 kV, de 20 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na liña CBA-804, no tramo entre o CT Finllido (15×578) e o CT Villa Amparo 65 (expediente 45/12 - 15CJXJ) e final no CTC proxectado.
– CTC Villa Amparo 53 prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 13 de febreiro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña