De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Recoge Galicia de Gestión, S.L. a resolución do recurso de alzada RA/CAL/2015/00128, do 11 de xaneiro de 2017, interposto contra a resolución ditada polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 7 de outubro de 2015, ditada no procedemento SC-RA-01/2015.
En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio