Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2017, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 27R001-1498-2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do servizo de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sin efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de febreiro de 2017

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27R001-1498-2016 e 27R001-1499-2016.

Interesada: Todotextil, S.L.

CIF/NIF: B03698636.

Acto notificado: proposta de mediación.