Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, piso 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de febreiro de 2017

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoas interesadas

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

María Dolores Vidal Martínez

...61L

Resolución de aceptación da renuncia dunha vivenda

de promoción pública.

Expte. C-2007/020 cta. 8