Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11791

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio (euros)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Meaño para a execución da actuación de mellora da rede de abastecemento de auga á Aldea de Abaixo e á Igrexa en Covas, concello de Meaño (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da rede de abastecemento de auga á Aldea de Abaixo e á Igrexa, na parroquia de Covas, concello de Meaño (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

28.053,57

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Guarda para a execución da actuación de melloras na EDAR da Guarda, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes nas melloras na EDAR da Guarda, concello da Guarda (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.500,00

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia (FICG) para a realización dunha estratexia de internacionalización e consolidación da presenza no exterior do sector galego da auga

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a FECG para elaborar unha estratexia de internacionalización que lles permita ás dúas partes identificar e desenvolver, a medio-longo prazo, as oportunidades do sector galego da auga a nivel internacional; e continuar cos labores de apoio e asesoramento ás accións internacionais do sector galego da auga

74.550,00

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Aranga para a execución das actuacións da nova captación de augas e impulsión en Aranga, concello de Aranga (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na nova captación de augas e impulsión en Aranga, concello de Aranga (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.468,36

2.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª, alínea g), do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis

386.354,13

6.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución da actuación de saneamento en Celeiro e mellora da EDAR de Viveiro, concello de Viveiro (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento de Celeiro e na mellora da EDAR de Viveiro, concello de Viveiro (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

3.000.000,00

7.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Riotorto para a execución da actuación de saneamento en Santa Marta de Meilán, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento en Santa Marta de Meilán, concello de Riotorto (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.500,00

8.9.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Leiro para o acondicionamento da marxe dereita do río Avia en Leiro (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Leiro para o acondicionamento da marxe dereita do río Avia en Leiro (Ourense), co financiamento do proxecto da senda fluvial da marxe dereita do río Avia en Leiro (Ourense)

20.000,00

13.12.2016

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia (FICG) para a realización dunha estratexia de internacionalización e consolidación da presenza no exterior do sector galego da auga

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das actuacións obxecto do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

15.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cualedro para a execución da actuación de abastecemento de auga ás Estibadas, concello de Cualedro (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Baiona para a execución da actuación de mellora do saneamento en Santa Marta, concello de Baiona (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Riotorto para a execución da actuación do saneamento en Santa Marta de Meilán, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pastoriza para a execución da actuación da ampliación e mellora do curso fluvial do rego das Quintás, no lugar dos Gueimondes, concello da Pastoriza (Lugo)

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outes para a execución de actuacións para a posta en funcionamento da EDAR de Outes, concello de Outes (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mondariz para a execución da actuación de melloras nas sendas dos ríos Tea e Xabriña, concello de Mondariz (Pontevedra)

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Moraña para a execución de melloras nas estacións de bombeo de augas residuais do concello, concello de Moraña (Pontevedra) cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pontecesures para a execución da actuación de melloras no saneamento e abastecemento de Pontecesures, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Guarda para a execución da actuación de melloras na EDAR da Guarda, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Meaño para a execución da actuación de mellora da rede de abastecemento de auga á Aldea de Abaixo e á Igrexa en Covas, concello de Meaño (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Larouco para a execución da actuación de construción de depósito de auga en Freixido, concello de Larouco (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a execución da actuación de mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento en Palas de Rei, concello de Palas de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilarmaior para a execución da actuación da rede de saneamento en Cernadas de Abaixo, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Aranga para a execución da actuación de nova captación de augas e impulsión en Aranga, concello de Aranga (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Reaxustar as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras obxecto do convenio e ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.12.2016

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade da Coruña e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de prácticas académicas externas, sen prestación económica, de alumnos do mestrado universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación, desenvolvemento e verificación de prácticas académicas externas extracurriculares de alumnado do mestrado universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, no curso académico 2016/17, nas dependencias da entidade pública empresarial Augas de Galicia, de conformidade coa normativa reguladora das prácticas académicas externas extracurriculares da universidade

Sen custo económico

26.12.2016

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio de Augas de Valdeorras para a xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na comarca de Valdeorras

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio de Augas de Valdeorras para a prestación da cooperación financeira necesaria na xestión de determinadas actividades do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na comarca de Valdeorras

150.000,00

27.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Veiga para a execución das actuacións de melloras de abastecemento e saneamento en diferentes núcleos rurais do concello da Veiga, concello da Veiga (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

28.12.2016