Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11855

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (282/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 282/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Malde y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., Servizo Público de Emprego Estatal, Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo.

Que debo desestimar a demanda presentada por instancia de Javier Bendaña Rodríguez, representado e asistido polo letrado Sr. Febrero Bande, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) asistido e representado pola letrada Sra. García Castro, e contra as entidades Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Bande y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., e contra Óscar César Malde Pardo e Myrian Telleira González, en materia de Seguridade Social (prestación de desemprego), absolvendo as demandadas de todas as peticións formuladas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de Xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Malde Antic, S.L., Oyalia, S.L., Manuel Malde y Cía., S.R.C., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza