Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de residuos de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 16/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=27417

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de residuos de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90514000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 288.420,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 125.400,00 €. Importe total: 137.940,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 8 de novembro de 2016.

c) Adxudicataria: Tecnología y Reciclaje de Materiales, S.L. (TYRMA).

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 22.000,00 €. Importe total con IVE: 24.200,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio