Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2010/00032 e tres máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, se é o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 14 de febreiro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

NIF/equivalente

OU-2010/00032

Juan Carlos Quiroga Álvarez

44447956L

OU-2010/00032

Marina Mosquera Germade

47362535S

OU-2016/00044

Claudia Kelle de Jesús

FK682200

OU-2011/00006

María Isabel Matías Martínez

44470761P

OU-2011/00006

Leopoldo Gómez Taboada

34961328V

OU-2013/00080

Iván Rodríguez Lois

34269647S