Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de febreiro de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 541/2016 no expediente de reposición da legalidade POL/60/2015-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 541/2016, interposto por Guadalupe Álvarez Alonso, contra a Resolución do 6 de outubro de 2016 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente POL/60/2015-RP1, en que se declara prescrita a infracción por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no termo municipal de Cangas, e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a Manuel Antonio Tomé Otero e a Félix Migueles Couñago para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística