Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0089/2016-LSA e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0089/2016-LSA.

Denunciado: Nater Enno J.F.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0147/2016-VNA.

Denunciada: Transportes Silvia María, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución

Expediente: INC-PO-0168/2016-VNA.

Denunciada: Mercedes Quintela Bermúdez.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0174/2016-LSA.

Denunciado: Manuel José Castro Lima.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0008/2017-VNA.

Denunciada: Materiales de Construcción Campos y Muras, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación

Expediente: SPA-PO-0004/2017-ON.

Denunciado: Adolfo Riveiro Guiance.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0004/2017-IA.

Denunciado: Marcos Iván Otero Martínez.

Acto de notificación: acordo de incoación.