Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda para un plan de mellora da explotación (expediente 32/00269/08).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda para un plan de mellora da explotación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro a dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer, postestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 32/00269/08 de axuda para un plan de mellora da explotación.

Interesada: Minius Plantarium, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: estrada de Cortegada, km 4, 32890 Barbadás (Ourense).