Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 22 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2015/170.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada a resolución do expediente de reclamación eléctrica que se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer, na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 22 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

Enderezo

IN635A 2015/170-3

Maderas Cordeiro, S.A.

R/ Alfredo Brañas, nº 9, baixo D, 32001 Ourense