Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da baixa por disolución da Asociación Sindical Galega de Danza, co número 2012-82-2-7.

En cumprimento do disposto no artigo 3.c) e 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais, desta secretaría xeral, se depositou a disolución da Asociación Sindical Galega de Danza, segundo acordo de disolución da asociación adoptado na asemblea xeral do 7 de febreiro de 2017.

– Asinan a certificación: Miguel Ángel Ponte Mosteiro (presidente), Juan Miguel Hernández Delgado (secretario), Aurelia Martínez Somoza (tesoureira), Amaury Lebrun (vogal) e Bárbara Monteagudo Arias (vogal).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego