Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00046-I-2016 e nove máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número DX-00046-I-2016 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na Praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00046-I-2016

Obstrución

Fernández Pájaro, Santiago

77404426L

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

16.2.2016; 13.01;

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00060-O-2016

4630-BGP

Transhemapo, S.L.

B98723109

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

14.12.2015; 7.45; A-6; 484,0

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00094-O-2016

4630-BGP

Transhemapo, S.L.

B98723109

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

14.12.2015; 7.45; A-6; 484,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00228-O-2016

0027-CBM

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

A realización de transporte ao amparo de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumplen algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.

29.12.2015; 8.00; N-VI; 543,8

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00144-I-2016

Iberocool Mantenimientos, S.L.

B19294818

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da Inspección do Transporte Terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

29.2.2016; 12.11;

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00274-O-2016

5762-GGB

Transtanoa, S.L.

B94028263

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. A carencia dos documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

8.9.2015; 12.35; N-640 232,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01411-S-2016

6896-CVD

Lavigrani, S.L.

B36931822

A utilización no tacógrafo de follas de rexistro ou tarxetas de condutor que estean manchadas ou estragadas de tal maneira que impidan a lectura dos datos rexistrados.

2.12.2015; 7.55; avda. aeropuerto; 714

Art. 140.24 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01076-O-2016

8093-DPW

Transportes Castiñeira, S.A.

A15010192

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.3.2016; 9.23; AP-9; 79,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-04356-O-2015

2117-JBD

Pemisatrans, S.L.

B73441263

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24 horas.

6.10.2015; 11.46; Polígono Río do Pozo; 0,0

Art. 140.37.6 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

2.000 euros

XC-04421-O-2015

2117-JBD

Pemisatrans, S.L.

B73441263

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

6.10.2015; 11.43; Polígono Río do Pozo; 0,0

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros