Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da UA 5.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 24 de novembro de 2016, acordou estimar parcialmente as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o expediente 6/2013.PERI do Plan especial de reforma interior da UA 5, tramitado de oficio segundo proxecto técnico asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz con data de setembro de 2016.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste plan especial, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

O contido íntegro do plan pódese consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/7777.

Arteixo, 26 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente