Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11449

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Canal Dous Radio, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

A entidade Canal Dous Radio, Sociedade Cooperativa Galega, en asemblea debidamente convocada e que tivo lugar o 20 de decembro de 2016 na sede da cooperativa sita en Vigo, na rúa López Mora, 60-5º E, adoptou por unanimidade, entre outros, os seguintes acordos:

Aprobar a disolución da cooperativa.

Nomear o liquidador.

Facultar o liquidador para que realice as xestións necesarias para a inscrición dos citados acordos no Rexistro de Cooperativas.

Vigo, 6 de febreiro de 2017

Antonio J. Espinar Moure
Liquidador