Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 140/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 140/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Clarisa Rey Porras, Eva María Vázquez Naveira, José Manuel Rivas Gómez, Manuela Balboa Carbia, Jose Enrique Sambad García, Antonio Vázquez Regueiro, Jesús Javier Araújo Padín e Yolanda María Varela Vázquez contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Club Financiero Atlántico, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de dereito interpuxeron Mercedes Clarisa Rey Porras, Eva María Vázquez Naveira, José Manuel Rivas Gómez, Manuela Balboa Carbia, José Enrique Sambad García, Antonio Vázquez Regueiro, Jesús Javier Araújo Padín e Yolanda María Varela Vázquez, contra Club Financiero Atlántico, S.A., e debo declarar e declaro o dereito dos anteriores a posuír a antigüidade, categoría e salario que se reflicten no feito probado primeiro da presente resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Club Financiero Atlántico, S.A. a lle recoñecer a Eva María Vázquez Naveira o salario de 1.472,66 euros mensuais, ao se lles teren mantido as restantes condicións de antigüidade, categoría e salario aos restantes traballadores.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de dereito interpuxeron Mercedes Clarisa Rey Porras, Eva María Vázquez Naveira, José Manuel Rivas Gómez, Manuela Balboa Carbia, José Enrique Sambad García, Antonio Vázquez Regueiro, Jesús Javier Araújo Padín e Yolanda María Varela Vázquez, contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., administración concursal de Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. e a entidade Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza