Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (542/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 542/2014 por instancia de Manuel Pedreira Uzal contra a empresa Welder-Gon, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.2.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Manuel Pedreira Uzal fronte á empresa Welder-Gon, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e en consecuencia, condénase a empresa Welder-Gon, S.L. a aboar a Manuel Pedreira Uzal a cantidade de sete mil cincocentos sesenta e tres euros con dez céntimos (7.563,10 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Weldser-Gon, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial