Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co acordo do Pleno do 2 de febreiro de 2017, e por medio deste anuncio efectúase a convocatoria de procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a concesión demanial do matadoiro público municipal conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adxudicación da xestión e explotación matadoiro municipal.

b) Lugar de execución: estrada OU-504-Ribadavia (N-120) – Cea (OU-901) p.q. 22,180 marxe dereita. O Barón, Seoane. O Carballiño.

c) Prazo da concesión e explotación: 20 anos, prorrogables ata un máximo de 40 anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base da licitación:

a) Importe: 0,40 euros/tonelada, canon mínimo.

5. Garantía: provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 3 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: O Carballiño 32500.

d) Telefono: 988 53 00 07.

e) Telefax: 988 53 00 08.

8. Requisitos específicos del contratista:

a) Solvencia económica: por calquera dos medios a que se refire o artigo 75 do TRLCSP.

b) Solvencia técnica: mediante relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución.

c) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 2.

9. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación rematará: trixésimo día hábil (30) a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Documentación que hai que presentar: a que se especifica na cláusula 11 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello do Carballiño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: ata a adxudicación definitiva.

10. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.org.

O Carballiño, 8 de febreiro de 2017

Francisco J. Fumega Piñeiro
Alcalde