Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de legumes, conservas vexetais e outros (expediente MS-EIS1-17-015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: A Choupana, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 95 02 60.

5º. Telefax: 981 95 09 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.ctra.santiago@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MS-EIS1-17-015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de legumes, conservas vexetais e outro para a Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse os pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Xestión Integrada de Santiago, A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 03212220-8, 03211300-6 (lote1), 15870000-7 (lote 2), 15331400-1 (lote 3) y 03221120-3 (lote 4).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 253.812,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 105.755,00 euros. Importe total: 114.382,90 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, véxanse os pregos.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 27.3.2017.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2º. Enderezo: A Choupana s/n.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende convidar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de febreiro de 2017.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela