Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial SUNP I-33-R, en Iñás (expediente FG 394).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2017, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial SUNP.I-33-R, en Iñás, coa seguinte condición:

«Deberán cumprir as prescricións sinaladas no informe de Augas de Galicia de 29.11.2016 e na autorización do 6 de maio de 2016 e, de xeito específico, a condición particular nº 7 relativa á zona de servidume de leitos».

Contra este acordo ao tratarse de aprobación definitiva de instrumento de planeamento que ten a natureza de disposicións de carácter xeral, non poderá ser obxecto de recurso en vía administrativa, senón tan só a través do correspondiente recurso contencioso-administrativo, nos termos previstos na lexislación aplicable (artigo 84.1 da LSG).

Oleiros, 7 de febreiro de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente