Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11063

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 379/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 379/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel María Lamas Calvo contra Nova Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza 64/2017

PO procedemento ordinario 379/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Manuel María Lamas Calvo

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Nova Albariza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Abogado: Fogasa

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 379/2015, nos cales son parte, como demandante, Manuel María Lamas Calvo, asistido polo graduado social Sr. Vidal Rey, e, como demandada, Pollos Albariza, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes [...]

Decido:

Estimar a demanda interposta por Manuel María Lamas Calvo contra Pollos Albariza, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar o demandante a cantidade de 3.426,25 euros, aplicando a esta cantidade o xuro do 10 % por demora. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta demostre ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como demostrar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena: A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza