Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017 pola que se fai público o outorgamento de concesións administrativas en terreos de dominio público de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable na falta de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 25 de novembro de 2009 da Consellería do Mar (DOG núm. 235, do 1 de decembro), outorgar, por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

* Resolución: 16 de setembro de 2016.

Referencia: 12-21-16-C-1.

Obxecto: construción, explotación e instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Laxe.

Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 307,72 euros en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 18 de outubro de 2016.

Referencia: 14-03-16-C-1.

Obxecto: instalación dunha liña de baixa tensión soterrada.

Porto: Foz.

Concesionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 311,73 euros en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación para actividades portuarias e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación para actividades non portuarias.

* Resolución: 11 de novembro de 2016.

Referencia: 13-28-16-C-2.

Obxecto: explotación de instalacións de bar-cafetaría e servizos complementarios para os usuarios da estación marítima.

Porto: Baiona.

Concesionaria: Patricia Gómez Alonso.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 8.321,52 euros en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 25 de novembro de 2016.

Referencia: 12-10-16-C-1.

Obxecto: ocupación de edificio para o ensino da náutica recreativa.

Porto: Pontedeume.

Concesionario: Club Náutico Firrete.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 2.475 euros en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 28 de novembro de 2016.

Referencia: 12-13-16-C-1.

Obxecto: construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Sada.

Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 2.345,70 euros en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 10 de xaneiro de 2017.

Referencia: 13-04-12-C-2.

Obxecto: construción dun edificio con destino a cafetaría restaurante.

Porto: O Xufre (llla de Arousa).

Concesionario: Sebastián Santiago Fernández.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 618 euros en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 10 de xaneiro de 2017.

Referencia: 12-03-65-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa outorgada a José Florencio Trinquete Bardanca y Otra, C.B. con destino a construción dun edificio para industria de efectos navais.

Porto: Cariño.

Concesionaria: María Dolores Ramonde Barcia.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2027.

Taxas: 618,82 euros en concepto de TODP e o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación.

* Resolución: 11 de xaneiro de 2017.

Referencia: 12-04-16-C-1.

Obxecto: instalación dunhas liñas de media e baixa tensión e centros de transformación.

Porto: Cedeira.

Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 1.667,77 euros en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvolvidas na instalación e o 2 % da facturación anual das actividades non portuarias.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia