Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (45/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 45/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Rendueles Ventura contra Isa Foira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que se debe de desestimar o escrito de aclaración presentado pola graduada social Sra. Mallo Nieves, en nome e representación de Isabel Rendueles Ventura, mantendo na súa integridade a sentenza e, en concreto, o ditame da sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non poderán interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, María Fe López Juiz, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.”

E para que sirva de notificación en legal forma a Isa Foira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza