Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo o proxecto de ampliación do centro de día/fogar residencial de Cerdedo.

Mediante acordo da Comisión Xestora do 26 de xaneiro de 2017, aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos no proxecto para a ampliación do centro de día/fogar residencial de Cerdedo do seguinte teor literal (parte dispositiva):

«1. Desestimar as alegacións presentadas por Manuel Campos Sieiro, en relación co expediente de expropiación dos bens e dereitos polos motivos expresados no informe técnico de 20.12.2016, do cal se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a ampliación do centro de día/fogar residencial de Cerdedo.

3. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

4. Notificar o presente acordo aos interesados propietarios e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Se os interesados non formulan oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

5. Trasladar o expediente ao Xurado de Expropiación de Galicia para a fixación do prezo xusto no caso de que os interesados manifesten a súa desconformidade coa valoración contida na folla de taxación».

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Comisión Xestora deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Cerdedo-Cotobade, 27 de xaneiro de 2017

Jorge Cubela López
Presidente da Comisión Xestora