De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da Inspección, comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.
O que se notifica á titular do establecemento referido no dito anexo para que no prazo de quince (15) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, poida examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Pontevedra.
Pontevedra, 9 de febreiro de 2017
María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Mesón Lareira.
Signatura: R-PO-001974.
Titular: Mesón Lareira, C.B.
Enderezo: Estación, 8.
Concello: O Porriño.