Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada nun procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente SANC/22/16).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), de estradas de Galicia. Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora») terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, se procederá ao cobramento por vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, e que se pode interpoñer recurso de alzada ante a presidenta da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de dez (10) días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/22/16. Ref. Bis: 3/16 Pontevedra.

Interesado: Alejandro Mon Munaiz.

Último enderezo coñecido: Salvaterra de Miño.

Feitos: realizar recheo nunha parcela, interrompendo a drenaxe transversal no bueiro da estrada.

Estrada: PO-400, Salvaterra-Filgueira, p.q. 2+000.

Resolución: sancionadora.