Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (249/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 249/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Sergio Ruibal López contra a empresa Manuel Jaime Castro Trillo, Jaime Castro Trillo y Otra, S.C., Soledad Abeijón Perol, sobre ordinario, se ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Jaime Castro Trillo y Otra, S.C., Soledad Abeijón Perol en situación de insolvencia total por importe de 3.018,49 euros en concepto de principal, máis 588,39 euros orzados para xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Continuar coa tramitación da execución respecto a Manuel Jaime Castro Trillo.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónicoou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nel a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1596 clave 64 N no Banesto, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluílo, tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jaime Castro Trillo y Otra, S.C., Soledad Abeijón Perol, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza