Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 29 de setembro de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra) e Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 29 de setembro de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra) e Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L., e que se poderá consultar no ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas