Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 195/2016).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 195/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 380/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Manuel María Lamas Calvo

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandado: Pollos Albariza, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 195/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel María Lamas Calvo contra a empresa Pollos Albariza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto do 3 de febreiro de 2017 e decreto o 6 de febreiro de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

... Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Manuel María Lamas Calvo con Pollos Albariza, S.L., e condeno a empresa a que lle aboe á parte executante a cantidade de 36.507,63 euros en concepto de indemnización e 32.233,36 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución continuará por petición de parte a presente execución como pecuniaria polo importe total de 68.740,99 euros e 6.874,09 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

... Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Pollos Albariza, S.L. pola cantidade reclamada de 68.740,99 euros de principal (36.507,63 € de indemnización + 32.233,36 € de salarios), máis 6.874,09 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, se é o caso, ata a data da demanda, e se non pagase no acto embárguense os seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as cutas desta.

– Requirir a Pollos Albariza, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, polo menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e a Pollos Albariza, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0195 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0195 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución ontra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da administración de xustiza»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Pollos Albariza, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza