Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 302/2015).

PO procedemento ordinario 302/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: María del Carmen Feijoo Castrelo

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: SPN Empauxer, S.L., Fogasa

Avogado: Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 302/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Feijoo Castrelo contra SPN Empauxer, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 60/2017

PO procedemento ordinario 302/2015

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: María del Carmen Feijoo Castrelo

Demandados: SPN Empauxer, S.L., Fogasa,

Avogado: Fogasa

Sentenza

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 302/2015 nos cales son parte, como demandante, María del Carmen Feijoo Castrelo, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandados, SPN Empauxer, S.L., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes [...]

Decido:

Estimar a demanda interposta por María del Carmen Feijoo Castrelo, contra SPN Empauxer, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 410,66 euros, máis o xuro do 10 %, con condena da demandada ao pagamento dos honorarios do letrado da demandante até o límite legal.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a SPN Empauxer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza