Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Feira da Vide, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taborda, da parroquia de Taborda (Tomiño), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Taborda.

Nome do monte: Feira da Vide.

Superficie da parcela: 17.283,00 m2.

Estremas:

Norte: Remedios Castro González, Candelaria Solleiro Benavides, Venancio Torres Vázquez, José Costas Salgueiro, María Olga Castro González, Manuel Expósito; Urbano Vicente Ferreira, Santiago González Castro, José Álvarez Gaxo, Bienvenido Correa González, Flora Martínez Durán, Eva González González, José Eugenio Parente Tejido, María Rodríguez Reyes, Davina Castro Calzado, María Vázquez Magán, María Olga Calzado Castro, María del Carmen Domínguez Tejido, Celso Fernández Durán, Pilar Pereira, José Valverde Rial, Concepción Pérez Portas, Manuel Expósito Amorín, Candelaria Gónzalez Alonso, José Raimundo González Fernández e Daniel Pérez Pérez.

Sur: camiño público TAB- 062, camiño público TAB- 035, José Álvarez Puentes, Josefina Amorín Salgado, Cristóbal Calzado Tejido, Mª Pilar Castro Calzado, Camila Rosalía Castro Castro, Ricardo Castro Fernández, Gumersindo Domínguez Sales, Eugenio Domínguez Senra, Mª Carmen Domínguez Tejido, Gumersindo Fernández Parente, José González Salgueiro, Flor Martínez Durán, José Eugenio Parente Tejido, Emiliano Pazos Martínez, Manuel Pérez Bouzada, María Rodríguez Rodríguez, Nemesio Salgueiro Álvarez.

Leste: estrada, Mª Olga Calzado Castro, Mª del Carmen Domínguez Tejido, Manuel Expositor Amorín, Celso Fernández Durán, Candelaria González Alonso, José Raimundo González Fernández, Pilar Pereira, Concepción Pérez Portas.

Oeste: camiño público TAB-035, Mª Sol Castro Martínez, José Castro Vicente, Gumersindo Fernández Parente, José Raimundo González Fernández, Mª Carmen González Pereira, Modesto López Tejido, Flora Martínez Durán, Víctor Rolán López.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se consideren procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou información consideren convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2017

Víctor Abelleira Argibay
Instrutor
P.A.
Ana Belén Fernández Dopazo
Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra