Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican requirimentos de emenda de expedientes en situación de revisión -anual ou de oficio-, en relación con procedementos competencia desta consellería (expediente BS626F15005009216 e dez máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, presenten a documentación requirida no anexo co obxecto de emendar o seu expediente.

Transcorrido o dito prazo sen que se realizara a devandita emenda, considerarase que os interesados desisten das súas solicitudes (sempre que sexa documentación indispensable para continuar coa tramitación do procedemento), de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, e logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido no artigo 41.1 da devandita Lei 30/1992.

Advírtense os interesados de que poden comparecer persoal ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, para examinar o contido dos seus expedientes.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Documento/s

Marta Diéguez Iglesias

46918312Z

BS626F15005009216

D.1

Orlando C. Armas Vargas

X2908653G

BS626F15009000316

D.2

Abdelkader Fellah

X7104238K

BS626F15030001515

D.2

Sergio Antero Parra Moreno

74671589L

BS626F15030002316

D.2

Mª Luz Tupa Aguilar

49682493D

BS626F15030017415

D.2

Sabela Prego de los Santos

32833013F

BS626F15030019113

D.2

Ndeye Sene

Y0522532D

BS626F15030026515

D.2

Ruth Martín Marcos

50740729S

BS626F15030067212

D.2

María Silva Iglesias

46895827T

BS626F150030072810

D.2

Juan Carlos Rubio Sánchez

16054478H

BS626F15030092813

D.2

Jeffry Javier Germosén Santos

Y0974527P

BS626F15078006714

D.3

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Contrato e nómina da actividade laboral desenvolvida.

D.2

Comunicación de inicio do trámite de revisión anual, coa obriga de acudir aos servizos sociais comunitarios do concello de residencia e presentar o modelo de declaración responsable debidamente cuberto, así como a documentación acreditativa de continuar reunindo os requisitos para percibir a Risga, ou calquera outra que xustifique a variación das circunstancias.

D.3

Nómina de decembro de 2016.