Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 10 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións (expediente BS618D15002002916 e cinco máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día por non poderse practicar, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados que figuran no anexo, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das ditas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpor recurso de alzada ante a Consellería de Política Social no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior, e de acordo co referido no artigo 61 da dita lei, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9-1ª planta), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 10 de febreiro de 2017

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución data

Martha Alejandra Santander Estévez

X2572283D

BS618D15002002916

Desistencia 27.12.2016

Mª Rosario Rodríguez Castiñeiras

36165303B

BS618D15005002516

Desistencia 22.12.2016

Ana Felicia Martínez Guzmán

496857003E

BS618D15030013116

Concesión 23.12.2016

Rocío Vázquez Díaz

32696476K

BS618D15030059914

Revogación 17.11.2016

Mª Alejandra Sierra Ávila

Y3725646M

BS618D15060000716

Desistencia 22.12.2016

Claudia Ernestina Poo Argüello

51269147P

BS618D15078005816

Desistencia 22.12.2016