Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2017/98-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Delta Vigo Aeroestructuras, S.L.

Domicilio social: Polígono PTL Valadares, rúa C, nº 10, 36314 Vigo.

Denominación: LMTS, CS Porto do Molle, parcela M14.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMTS subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 38 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS GON818, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento con celas compactas con corte e illamento en SF6, situado no polígono industrial Porto do Molle, rúa das Pontes, parcela M14, Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra