Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.
Denominación: reforma e telemando CD Santo Grial (8261).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
1. Reforma do CT existente non prefabricado Santo Grial, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, no cal se reforma o depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos, construción dun anteparo de protección de transformador, saneado de paredes e teito, pintado de paredes, chan, teito, bancada de soporte de celas SF6, construción de reixa de ventilación, escaleira para acceso de persoal, cambio de tapa de acceso de persoal e máquina. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, realízase un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencia e iluminación, armario de BT e ampliación.
2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes a LMT dirección CD Santo Grial 2 e LMT dirección CD Santo Grial 32.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 6 de febreiro de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo