Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/111-2, 8420 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma e telemando CD Carrero Blanco 238 (3608).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Reforma do CT existente non prefabricado Carrero Blanco 238, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, no cal se reforma o depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos, construción dun anteparo de protección de transformador, saneado de paredes e teito, pintado de paredes, chan, teito, bancada de soporte de celas SF6, construción de reixa de ventilación, escaleira para acceso de persoal, cambio de tapa de acceso de persoal e máquina. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, realízase un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencias e iluminación, armario de BT e ampliación.

2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes a LMT dirección Carrero Blanco 222 e LMT dirección San Xiao C15.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 6 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo