Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato de prestación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios municipais.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do 10 de febreiro de 2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato de prestación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios municipais, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Teléfono: 988 38 10 34.

5. Telefax: 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 4/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios municipais.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: dependencias municipais varias:

1º. Domicilio: Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

e) Duración do contrato: 4 anos.

f) Admisión de prórroga: si (2 anos).

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 79731000-5 servizo de vixilancia e seguridade nos edificios municipais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas económico-administrativas:

1º. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios de adxudicación.

Nº de orde

Descrición

Puntos

Ponderación

1

Criterios avaliables mediante aplicación de fórmulas.

1.1

Oferta económica:

A puntuación por este criterio outorgarase atendendo á seguinte fórmula:

puntuación = 55 × (oferta máis baixa admitida/oferta que se valora).

Para a aplicación da dita fórmula debe terse en conta que o valor «oferta» resultará dos prezos unitarios sen IVE ofertados polo licitador.

Presumirase desproporcionada ou anormal a oferta cuxa porcentaxe de baixa respecto do orzamento da licitación exceda en 10 unidades, cando menos, a media aritmético da baixa de todas as presentadas; neses supostos, para a admisión da oferta seguirase o establecido no artigo 152 do TRLCSP.

55

55 %

2

Criterios non avaliables mediante aplicación de fórmulas.

A valoración destes criterios atenderá a que, se a oferta é considerada «moi boa», se lle outorgarán os 45 puntos da puntuación máxima prevista para ese criterio, mentres que se é «boa» serán 30 puntos; se é «aceptable», 15 puntos, e se resulta «non valorable», 0 puntos.

45

45 %

2.1

Organización do servizo.

Valorarase o estudo funcional que o licitador faga para a execución do servizo e a súa adaptación ás necesidades existentes; así, outorgarase a puntuación en atención á calidade do servizo proposto, para o que se considerará especialmente a distribución de postos de traballo, os horarios e quendas, o plan de actividade, a previsión, contido e documentación dun control de presenzas e a mellora que neses distintos aspectos recolla o licitador sobre o establecido con carácter mínimo nos pregos.

20

20 %

2.2

Oferta de medios persoais, materiais ou prestacións complementarias aos exixidos nos pregos (e sempre que non sexan obxecto de valoración no criterio 2.1) que redunden nunha maior satisfacción das necesidades administrativas que xustifican este contrato.

25

25 %

2º. Criterios de empate. No caso de igualdade de puntuacións de dous ou máis licitadores, preferirase para a adxudicación do contrato, en primeiro lugar, aquela empresa que conte no seu persoal cun número de traballadores fixos discapacitados superior ao 2 % e, no caso de que concorra en varias das empresas empatadas, preferirase a que dispoña da maior porcentaxe de traballadores fixos discapacitados no seu persoal; de persistir o empate, preferirase, en segundo lugar, o licitador que mellor se adecue ao plan de igualdade indicado nos artigos 65 e posteriores do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade; por último, se continuase o empate, preferirase, quen obtivese a maior puntuación no criterio 1.1 do cadro anterior (acudirase, se continúa o empate, a quen teña maior puntuación no 2.1 e por último no 2.2).

4. Valor estimado do contrato: 70.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 70.000 euros. Importe total: 84.700 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría) (de ser o caso): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: xustificaranse de acordo co establecido na cláusula 6.3 do prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: por correo, por telefax ou por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Concello de San Cibrao das Viñas.

1º. Dependencia: Secretaría Xeral.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

4º. Enderezo electrónico: sancibrao.sedelectronica.es

d) Admisión de variante: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura do sobre A.

b) Dirección: Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas 32911.

d) Data e hora: o terceiro día hábil tras a finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 11.00 horas.

10. Gastos de publicidade: si.

11. Outras informacións: as establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas.

San Cibrao das Viñas, 13 de febreiro de 2017

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde