Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Portovello-As Lagoas.

Faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de arrendamento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016005482 (ref. 2401).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Portovello-As Lagoas.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de maio de 2016, 27 de maio de 2016 e 27 de maio de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 7.493,42 euros (IVE incluído) por cada ano de contrato.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización: 26 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Eduardo Felisindo Barreiro Cabo.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 4.332,6 euros. IVE: 909,85 euros. Importe total: 5.242,45 euros/anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 27 de xaneiro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde