Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 27 de xaneiro do 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Marisol I e Sobradelo.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Marisol I, Sobradelo e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 27 de xaneiro do 2017, Vanesa María Fernández Blanco, en representación da comunidade de herdeiros de María del Carmen Blanco Sánchez, solicitou autorización para transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Marisol I e Sobradelo.

Segundo. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Vanesa María Fernández Blanco (53488065R) e Samuel Fernández Blanco (53488064T), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marisol I.

Localización: cuadrícula nº 21; polígono C; distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigas titulares: María Sánchez Miranda (33198550M) 2/4 privativos, María del Carmen Blanco Sánchez (52452609M) 1/4 privativo e Natividad Blanco Sánchez (76778187R) 1/4 privativo.

Novos titulares: María Sánchez Miranda (33198550M) 4/8 privativos, Natividad Blanco Sánchez (76778187R) 2/8 privativo, Vanesa María Fernández Blanco (53488065R) 1/8 privativo e Samuel Fernández Blanco (53488064T) 1/8 privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sobradelo.

Ubicación: cuadrícula nº 94; polígono H; distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 9.2.1981.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigas titulares: María Sánchez Miranda (33198550M) 2/4 privativos, María del Carmen Blanco Sánchez (52452609M) 1/4 privativo e Natividad Blanco Sánchez (76778187R) 1/4 privativo.

Novos titulares: María Sánchez Miranda (33198550M) 4/8 privativos, Natividad Blanco Sánchez (76778187R) 2/8 privativo, Vanesa María Fernández Blanco (53488065R) 1/8 privativo e Samuel Fernández Blanco (53488064T) 1/8 privativo.

Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas das anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña