Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña), para seren notificados por comparecencia do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña) que se citan no anexo, para seren notificados do acordo de concentración parcelaria da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

A Coruña, 10 de febreiro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Acto notificado: acordo de concentración da zona
de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)

Interesados:

Baneira Fondo, Mª Mercedes

Cambon Souto, Teresa

Carneiro Veiga, Francisco

Carrillo Pampín, Eliseo

Carrillo Pampín, Emilio

Carrillo Pampín, Genaro

Castro Alvarellos, Samuel

Cotelo Pose, Gerardo

Cotelo Pose, Silvestre

Cousillas Couto, Francisco

González Lema, Teresa

Martínez Andrade, Maximino

Pampín Suárez, Florinda

Pérez Varela, Juan José

Oreiro Pet, Modesto

Rioboo Pastoriza, Manuel

Anido Puñal, Manuel

Cotelo Garrido, Alicia

Castro Varela, Mª del Carmen

Baneira Santos, Matilde