Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da convocatoria, polo procedemento aberto, para a adxudicación do contrato da prestación de servizos da escola infantil municipal.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca o procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa con varios criterios de valoración e tramitación urxente, para a adxdicación do contrato de servizos de prestación de servizos da escola infantil municipal.

Orzamento base de licitación: 120.000,00+0,00 IVE = 120.000,00 €. Anual/Curso (setembro/xulio).

Prazo de execución. A duración do contrato de servizos será de dous cursos:

– O primeiro desde a data do exercicio 2017 en que se asine o contrato ata o 31 de xullo de 2017.

– O segundo desde o 1 de setembro do ano 2017 ata o 31 de xullo de 2018.

Admisión de prórroga: si, dous cursos (1+1).

Os interesados poden acceder á información complementaria a través do perfil do contratante no enderezo: vilalba.sedeelectronica.es

Vilalba, 17 de febreiro de 2017

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde