Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9191

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Misión comercial a México, sector téxtil (22-29 de abril de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

2. Visita á feira industrial de Hannover (23-29 de abril de 2017). Convocatoria prevista en xaneiro de 2017.

3. Visita á feira Seafood Expo Global de Bruxelas (25-27 de abril de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

4. Misión comercial multisectorial a Mauritania (30 de abril-5 de maio de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

5. Visita á feira Norshipping (Oslo) (30 de maio-2 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

6. Misión comercial a Finlandia e Estonia 2017 (4-10 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en marzo de 2017.

7. Participación na feira de subcontratación de Bilbao (6-8 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en xaneiro de 2017.

8. Visita á feira Vinexpo de Bordeos (18 a 21 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

9. Misión comercial multisectorial a Paraguay e Bolivia (24 de xuño a 1 de xullo de 2017). Convocatoria prevista en marzo de 2017.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través da web www.camarapvv.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a estas convocatorias para o período 2014-2020 en concepto de subvencións é de:

1. Misión comercial a México, sector téxtil: 16.000 €.

2. Visita á feira industrial de Hannover: 6.400 €.

3. Visita á feira Seafood Expo Global de Bruxelas: 16.000 €.

4. Misión comercial multisectorial a Mauritania: 16.000 €.

5. Visita á feira Norshipping (Oslo): 12.000 €.

6. Misión comercial a Finlandia e Estonia 2017: 16.000 €.

7. Participación na feira de subcontratación de Bilbao: 9.600 €.

8. Visita á feira Vinexpo de Bordeos: 12.000 €.

9. Misión comercial multisectorial a Paraguay e Bolivia: 20.000 €.

As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará o día marcado en cada convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.com

Vigo, 26 de xaneiro de 2017

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa